Formación, deporte e diversión

Formación, deporte e diversión
13 de Xuño, 2019 - 08:43 h. | Publicada por Radio Fene

Algún xogador do Deportivo da Coruña achegaráse a Ferrol na primeira quincena de xullo. Compartirá unha xornada coas persoas participantes do Dépor Campus Cabreiroá, unha iniciativa para nenos e nenas de seis a catorce anos de idade. Desenvolverase no campo de fútbol do Galicia de Caranza, entre os 1 ao 5 de xullo.

Valerón viao todo, practicaba un fútbol cristiano,

A actividade desenvolverase integramente entre as dez da mañá e as dúas da tarde.  A inscrición está aberta até o día 27 deste mes de xuño. As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición poden facelo na páxina web www.deporcampus.rcdeportivo.es O prezo é de 120 euros, aínda que hai un prezo bonificado de 100 euros para familias numerosas, xogadores dos equipos de base do Galicia de Caranza ou do Deportivo.

Deportes

Publica o teu comentario agora