ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Boa nova no ámbito educativo para a comarca. O IES de Mugardos amplía a súa oferta educativa coa creación do ciclo medio de xardinaría e floraría en réxime dual. Unha noticia importante como da que nos ampliaron detalles en Radio Fene o director do IES de Mugardos, Serafín Alvarez; o vicedirector, Miguel Valencia, e Mario Soto, o xefe do departamento de Agraria
O IES de Mugardos dá un paso máis na oferta de formación nun sector no que xa imparte FP básica de agroxardinaría e composicións florais e que ten demanda de empregados. O réxime dual supón que o 60% da formación do alumnado será no centro escolar e o 40% restante en empresas. Durante o tempo que estean nas empresas percibirán un salario e estarán dados de alta na Seguridade Social. Para implantar a formación en réxime dual o instituto de Mugardos fixo convenios con varias empresas nas que completará a súa formación o alumnado desde o 8 de abril de 2024. O prazo de presentación de solicitude de praza comezou o día 23 de xullo e estará aberto ata o mércores 5 de xullo. Despois haberá unha fase de selección, coa participación das empresas, no propio centro. As persoas aspirantes a unha das prazas deben ter 18 anos ou, no caso de ter 16, contar con autorización de pais e nais.
Publica o teu comentario agora