Formación e emprego para mocidade

Formación e emprego para mocidade
08 de Setembro, 2023 - 02:33 h. | Publicada por Radio Fene

Co novo curso, o Concello de Fene puxo en marcha o proceso de selección de profesorado e alumnado para desenvolver o Obradoiro de Emprego Inicia VII. A concelleira de Formación e Emprego, Cristina García Moroño, avanzou en Radio Fene detalles deste novo programa de formación para o emprego

ESCOITA O PODCAST:

Dezaseis mozos e mozas de catro concellos, Fene, Ares, Mugardos e Cabanas, teñen a posibilidade de  formarse na especialidade de Fábrica e Montaxe de instalacións de Tubería Industrial grazas a este novo Obradoiro de Emprego Inicia VII. A concelleira destacou que neste programa de emprego e formación “é fundamental a parte práctica”. Anunciou que nas prácticas realizarán “varandas para escaleiras de acceso a San Valentín dende Tellerías e tamén varandas para o interior do pavillón da Xunqueira”. Nestas datas seleccionase ao alumnado e ao profesorado para un obradoiro de emprego que comezará o día 2 de outubro e vai ter unha duración dun ano. Vaise impartir nas naves municipais de San Marcos en horario de mañá. Trátase dun obradoiro de nivel 2, polo que o alumnado debe ter realizado estudos de ESO ou equivalente. O alumnado participante contará cunha retribución equivalente ao Salario Mínimo Interprofesional. Sete das prazas son para a mozos e mozas de  Fene, que dirixe o curso; catro para Ares, tres de Mugardos e dúas de Cabanas. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora