ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ares é un lugar que tivo o mar sempre moi presente. Ao longo da historia, os veciños desta terra tiveron a vista posta nel, por ser fonte de riqueza e tamén por se-la vía de comunicación cara a outras latitudes máis prósperas. Agora, o mar estará aínda máis presente entre os veciños do municipio grazas ao 'Ares Ultramarino', un proxecto impulsado polo Concello que xira entorno ao mar, segundo explica a concelleira de Cultura Alma Barrón.
O 'Ares Ultramarino' busca poñer en valor os recursos mariñeiros, pero tamén o patrimonio vinculado ao mar. Un revulsivo para a cultura local, que busca ter tamén a súa repercusión no turismo. O proxecto contempla formación para sectores clave para a economía local, como o comercio e a hostalaría.
Reportaxe: Daniel García
Fotografía: Sabela Fraguío.
Control do son: Alejandro Pizarro, Paulo Regueiro, Xavier Fernández
Alba Barrón no programa especial Tecendo Redes, realizado por Radio Fene Radiofusión na Tenencia o sábado 27 de marzo de 2021.
Publica o teu comentario agora