Formación para o traballo

Formación para o traballo
09 de Abril, 2024 - 02:53 h. | Publicada por Radio Fene

Integración no mundo laboral. 15 mozas e mozos fórmanse no Obradoiro Inicia VII que se está a desenvolver no Concello de Fene. A concelleira de Formación e Emprego, Cristina Garcia, mantivo un encontro co equipo docente e alumnado participante no Inicia VII. No marco deste Obradoiro estanse a realizar diversos traballos de substitución de varandas.

“Cubrir as demandas reais do mercado laboral e mellorar a empregabilidade das persoas participantes”, obxectivos sinalados pola concelleira deste programa. Durante o encontro, Cristina Garcia interesouse pola valoración do alumnado participante sobre o desenvolvemento do Obradoiro e as necesidades do equipo docente O Inicia VII está promovido polo Concello de Fene, xunto cos concellos de Ares, Cabanas e Mugardos. Está destinado a mozas e mozos de entre 18 e 30 anos en situación de desemprego, e ten como principal obxectivo que estas persoas poidan ver mellorada a súa inserción laboral. 

Institucional

Publica o teu comentario agora