Formandose en agricultura ecolóxica

Formandose en agricultura ecolóxica
31 de Agosto, 2026 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O local social de Sequeiro volve acoller unha nova edición do itinerario formativo de Agricultura Ecolóxica incluído no Programa Integrado de Emprego da Mancomunidade de municipios da comarca de Ferrol. É a terceira edición da iniciativa, posible despois de que o Concello de Valdoviño completase os trámites para homologar o centro para impartir accións formativas. Desta volta, 10 mulleres iniciaban o proxecto, e esta mañá, o alcalde, Alberto González, dáballes a benvida acompañado do edil de Servizos, Benito Vega, e da técnica de Emprego da Mancomunidade, Margarida Leirachá.

Ao longo das próximas semanas, as alumnas recibirán unha formación eminentemente

práctica, aproveitando a ampla zona verde exterior moi adecuada para a plantación, e

buscando en todo momento mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

A acción formativa desenvolverase ata o 25 de setembro, con varias especialidades:

agricultura ecolóxica, fertilización en agricultura ecolóxica, defensa contra pragas e

enfermidades en agricultura ecolóxica, explotacións agrarias na agricultura ecolóxica e

semente de pebideiros. Ademais, programaranse saídas a explotacións agrarias da

contorna.

Institucional

Publica o teu comentario agora