A forza máis votada, empate técnico e descenso do bipartidismo

A forza máis votada, empate técnico e descenso do bipartidismo

26 de Maio, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As  tendencias dos resultados das eleccións europeas en Fene asemellanse ás do conxunto de Galicia e do Estado. Perden apoios tanto o Partido Popular como o PSOE. A candidatura de Pablo Iglesias, Podemos, obten na localidade, 582 votos, un apoio considerable. O Partido Popular salienta que é a forza máis votéada en Fene, por primeira vez nunhas eleccións europeas. Os socialistas afirman que houbo empate técnico e que o electorado de Fene contin&uac

Os representantes dos grupos políticos con representación municipal en Fene, valoraban esta mañá os resultados da xornada electoral do domingo.

O PP manifestou a satisfacción de ter gañado as Eleccións Europeas en Fene. Tamén destacou Gumersindo Galego os resultados a nivel autonómico. Galego afirmaba que é histórico para o seu grupo político gañar estas eleccións anque sexa por 48 votos sobre o PSOE.

O portavoz municipal do PSOE de Fene, valora positivamente, en términos locais, o resultado acadado polos socialistas porque, segundo Iván Puentes, se producíu un empate técnico entre socialistas e populares (a diferencia é de 48 votos) e as forzas de esquerda suman a maioría dos votos dos feneses. Aínda sendo cauto cos resultados xerais, Puentes lee en clave positiva o ocurrido en Fene e pensando que dentro dun ano serán as eleccións municipais.

A portavoz de EU en Fene, Mª Carmen Martínez, declarouesta mañá a súa ledicia polos resultados acadados por EU e pola derrota dos dous principais partidos, o PP e o PSOE. O paso de dous a seis representantes no Parlamento Europeo para a esquerda plural son para ela un éxito.

No nome do BNG, Manuel Polo, non traduce os resultados en clave local porque, afirma, non pode facerse desa maneira. O BNG acadou os resultados que esperaba tendo en conta o panorama político. Polo valora positivamente a derrota do bipartidismo e califica de éxito ter acadado o escano para Galiza con Ana Miranda, que estará no Parlamento europeo 22 meses. 

Resultados en Fene

En Fene as urnas comportáronse de xeito moi similar ao conxunto de Galicia, en canto á participación, foi do 46,51%. Dun censo de 11.673 electores, votaron 5.429 persoas.

En relación cos votos:

PP 1.193, frente aos 1.810 que acadara en 2009 ( 617 menos)
PSOE 1.145, frente aos 2006 que acadou nos anteriores comicios europeos (perde 861)
AGE 898 . Hai cinco anos non se presentaba como tal. EU acadara 164 naquela cita electoral. Hoxe con AGE ve aumentado o respaldo en 734 votos máis.
BNG 656. Nas eleccións de 2009 acadara 781. Perdería 125 sufraxios.
(Hai cinco anos o bloque acudía con Bildu e con ER, agora só cos nacionalistas vascos)
Destacar tamén en fene a irrupción de PODEMOS ao facerse con 582 sufraxios..
276 papeletas resultaron ser nulas ou en branco.

Por parroquias, o PSOE gañou en Fene e San Valentín, nesta última AGE quedou a catro votos dos socialistas. O PP gañou no resto.

Sociedade