A fotografía de Graciela Iturbide

A fotografía de Graciela Iturbide
23 de Outubro, 2018 - 01:37 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América Latina.

Nuestra Señora de las Iguanas, Juchitán, México, 1979  Gelatina de plata   Colecciones Fundación MAPFRE  ©Graciela Iturbide, 2018

A mostra, composta por 156 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega até a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan enlazados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo. Inaugúrase este mércores ao oito da tarde.

Cultura

Publica o teu comentario agora