ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Inaugurada en Fene unha exposición que emprega a arte como ferramenta contra o dano causado polo machismo. A alcaldesa, Sandra Permui, e o concelleiro de Benestar, Manuel Polo, abriron a exposición de fotografía itinerante “Express-Arte: 15 visións”.

O Concello de Fene convida á veciñanza e aos centros educativos da comarca a visitar a mostra de fotografías realizadas por mulleres vítimas de violencia de xénero nas que dan a súa visión de distintas obras senlleiras da historia da arte. A alcaldesa, Sandra Permui, e o concelleiro de Benestar, Manuel Polo, visitaron a mostra instalada no Salón de Plenos da Casa do Concello. Unha exposición que aúna sensibilidade artística e loita pola igualdade real. A exposición estará aberta ao público ata o próximo 21 de outubro no Salón de Plenos Municipal. O horario de visita á exposición, que é de balde, será de 08:00 a 15:00 horas.
O Concello de Fene acolle durante este mes a mostra que foi cedida pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. É unha actividade que chega a Fene dentro do programa de actividades que ofertan ás entidades locais adheridas á Rede de Entidades Locais contra a Violencia de xénero en colaboración coa FEGAMP.
Publica o teu comentario agora