Fotos de premio

Fotos de premio
20 de Xaneiro, 2025 - 04:49 h. | Publicada por Radio Fene

As mellores fotos que optaron ao último Premio Luís Ksado, que concede a Deputación da Coruña, poden verse xa en Fene.

 

A exposición do XVIII Premio Luís Ksado de Creación Fotográfica está instalada na Casa da Cultura de Fene. Consta das coleccións gañadoras e unha selección das que se presentaron ao certame. O pontevedrés Vicente Fraga Fernández foi o gañador en 2024 do certame fotográfico que convoca a Deputación da Coruña Fraga coa colección titulada Alén. O xurado tamén concedeu unha Mención de Honra á serie Nordés, do ourensán Miguel Muñíz.

A exposición pode visitarse na sala de exposicións temporais da Casa da Cultura de Fene até o vindeiro 31 de xaneiro. Horario de visitas: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. 

Cultura

Publica o teu comentario agora