ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fene estrea a programación cultural de 2026 coa exposición do XIX Premio Luis Ksado. As fotografías gañadoras e finalistas do 19º premio internacional Luís Ksado de creación fotográfica da Deputación da Coruña amósanse neste mes de xaneiro na Casa da Cultura de Fene.

Na exposición do 19º premio Luís Ksado salientan as obras I gotta change, de Juan Manuel de la Quintana, gañador do certame en 2025, cuxa serie foi escollida polo xurado por tratar con especial sensibilidade e rigor o tema da saúde mental; L'horta sud, de Óscar Corral, mención de honra cunha serie que aborda os efectos da DANA; e as series finalistas “Metamorfosis”, “As lecciones esquecidas”, “Sitio aparte do mundo” e “Entre el tiempo y el sabor, el mar, una memoria visual”, dos fotógrafos Carlos Folgoso, Raquel López, Stéphane Lutier e Miguel Muñiz, respectivamente.
A mostra, aberta ao público desde este martes 13 de xaneiro, poderá visitarse até o vindeiro 28 de xaneiro en horario: de luns a venres, de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 21.00 horas, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas. As persoas que se acheguen a ver a mostra recibirán un catálogo, até fin de existencias.
Publica o teu comentario agora