A Foucellas encantáballe o fútbol

A Foucellas encantáballe o fútbol
04 de Xullo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

"A Foucellas encantáballe o fútbol, gustáballe ir a Riazor a ver ao Depor" afirma o cantautor Xosé Constenla que presenta o libro- disco "Para nunca esquecer" incluíndo temas adicados á memoria histórica. É o seu sétimo traballo e incorpora cinco cancións. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

"O disco Cantata de Santa María de Iquique de Quilapayún, agochaba unha historia de bos e malos. De heroes e viláns. De vítimas e verdugos. De explotadores e explotados". Afírmao así Noel Feans no prólogo deste "artefacto cultural". "A violencia extrema era considerada a vía principal para reducir canto antes ao inimigo; a un inimigo coñecido e perfectamente definido" indica a historiadora Alba Garrido na súa colaboración denominada "Lugares do esquecemento, lugares da memoria".  

 

 

Imaxe: Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora