Fráxiles por exceso de protección

Fráxiles por exceso de protección
25 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

“Familias sobre protectoras, menores fráxiles”. Ese é o tema da nova sesión do ciclo Reto de Educar prevista para o luns, día 27, na Casa da Cultura de Fene. Falarase das consecuencias que ten a sobre protección na infancia e das estratexias para evitala. “A nivel educativo e social a hiperprotección está afectando ás crianzas e ás familias”, sinalou en Radio Fene a pedagoga municipal María Xosé Paz. 

ESCOITA O PODCAST:

“Educar con leva afrouxar ás veces e tirar outras, por iso é un reto”, apunta a pedagoga. “Estar demasiado encima limita e crea seres humanos fráxiles,se os nenos e nenas poden facer cousas sós hai que deixalos, todas as familias saben que cando unha crianza aprende andar ten que caer nalgún momento, é parte da aprendizaxe”, explica María Xosé. “Temos que ir soltando, que vaian facendo cousas por eles mesmos para aprender, madurar e aceptar que as cousas non saen á primeira”. Aprender xestionar a frustración é importante para o seu futuro. Luns, 27, 18 horas, na Casa da Cultura de Fene ciclo para familias sobre o reto de educar no que “compartir inquedanzas e coñecer como xestionan outras familias”. Durante a sesión habilitarase un espazo de conciliación para facilitar a asistencia a familias con crianzas.

Institucional

Publica o teu comentario agora