ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Iribarne, da compañía ButacaZero chega a Narón esta fin de semana a piques de esgotar as entradas. Unha obra de éxito que revive nos escenarios a Fraga Iribarne, como contaba a autora e tamén actriz Esther Carrodeguas en Radio Fene.
Iribarne é unha exitosa revisión da figura de Manuel Fraga en clave de humor. A montaxe deulle moito traballo á compañía que consultou gran cantidade de informacións sobre a dilatada traxectoria do político de Vilalba. A montaxe está articulada en tres episodios, que reflicten a evolución política do noso país, dende o franquismo ata a transición e a democracia, para culminar co período de hexemonía de Fraga en Galicia. En paralelo á xira, ButacaZero está a compartir na súa canle de YouTube material extra que complementa a peza teatral, xa que Iribarne é un proxecto transmedia que inclúe a banda sonora de Berto e produtos audiovisuais. Xa é posible acceder a tres entrevistas feitas durante o proceso de investigación de investigación teatral a Manuel Rivas, a Xesús Palmou e mais a Encarna Otero. Este material foi deseñado pola xornalista e escritora Inma López Silva e conta coa realización de Pablo Fontenla. Alén diso, xa está á venda a edición galega do texto teatral que chega ás librarías da man de Edicións Positivas.O Pazo da Cultura acollerá a última creación de ButacaZero este sábado, 18 de maio, ás oito da tarde, co 80% da capacidade da sala xa ocupada a día de hoxe. Esta función é unha das últimas oportunidades para ver a peza en Galicia ata o vindeiro outono.
Publica o teu comentario agora