Francisco Añón, poeta humorístico e romántico

Francisco Añón, poeta humorístico e romántico

08 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Francisco Añón foi un home de xorne exaltado e romantico. Na súa producción poética predominan as composicións costumistas, tinxidas de humor e sentimentalismo, os himnos ardentes e os poemas circunstanciais. Naceu en Outes o 9 de outubro de 1812.

E unha das figuras máis atractivas dos precursores do Rexurdimento. O programa dos actos conmemorativos en Outes continuará mañá martes a partir das once da mañá. A esa hora está previsto inaugurar unha placa conmemorativa do bicentenario no paseo do Tins, mentres que se espera a participación do presidente da Real Academia Galega, Méndez Ferrín, nun acto oficial previsto para o mediodía. Unha ofrenda floral ante o monumento de Francisco Añón porá o peche ás xornadas dedicadas ao poeta.

Cultura