Francisco Jorquera (BNG): “A restricción á construcción civil hipoteca a nosa comarca”

Francisco Jorquera (BNG): “A restricción á construcción civil hipoteca a nosa comarca”

12 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Navantia precisa asegurar carga de traballo. Na actual coxuntura a carteira de pedidos só se pode garantir abrindo a empresa á construcción naval civil, segundo afirma o Bloque Nacionalista Galego nunha proposición non de lei que vén de presentar no Congreso dos Deputados.

O parlamentario nacionalista Francisco Jorquera, amosou a súa inquietude polo futuro dos estaleiros ferroláns cuxa carga de traballo remata no 2012. Pola contra, Navantia- Cartaxena, conta con pedidos ata o 2015, afirmou o deputado. Perto de 5 mil traballadores ven perigar os seus postos de traballo e deles, 2500 operarios das empresas auxiliares, empezarán a sofrir de inmediato as consecuencias da falta de traballo. Jorquera fixo fincapé esta mañá en Ferrol na necesidade do levantamento do veto á construcción naval civil. “Especializarse na construcción militar conleva unha gravísima hipoteca para os nosos estaleiros”, segundo o deputado nacionalista.

Urxe a implicación das administracións central, autonómica e local para que non se cumpran os peores augurios para Ferrolterra, manifestou Francisco Jorquera. Ademais recalcou que coa política do carbón e co impedimento de construir barcos civís o goberno central continúa a maltratar á comarca.

Institucional