ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, instou ao goberno, mediante unha proposición non de lei na Cámara Baixa, a realizar un proxecto de construción dun acceso directo desde a Autovía do Cantábrico, A-8, ao centro de Ribadeo.
O propósito desta iniciativa é o de mellorar o tráfico e diminuír a conxestión nas entradas e saídas da vila. O parlamentario nacionalista demandou, asimesmo, que se dote ao proxecto da partida orzamentaria necesaria para levalo a efecto.
Nun terceiro punto, Jorquera tamén emprazou ao executivo a dialogar co concello de Ribadeo para abordar as características coas que debe contar o acceso para unha mellor solución dos problemas.
Alta concentración de tráfico para acceder a Ribadeo
O representante do BNG alegou o importante medre que experimentou esta vila mariñá nos últimos anos, no que tivo unha grande influencia “o feito de ser residencia de fin de semana, ao que hai que engadir o seu atractivo turístico que duplica a súa poboación nas épocas estivais. Sen esquecer a súa actividade comercial e de ocio que atrae a moitos cidadáns non só de Galiza senón tamén de Asturias”.
Estes son os factores que contribuíron ao notable incremento de tráfico nos accesos a esta poboación. Lembrou tamén que actualmente o acceso a Ribadeo debe realizarse á altura de Piñeira, o que obriga a un percorrido de varios quilómetros. “E precisamente, debido aos problemas neste acceso, polo que moitos condutores optan por saír na localidade asturiana de Figueras, unha circunstancia –puntualiza- que provoca unha alta concentración de tráfico nese lado”, recalcou Jorquera.