Franco: “Non ocurrirá fusilamento algún de sacerdotes”

Franco: “Non ocurrirá fusilamento algún de sacerdotes”

29 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Outubro de 1936 foi un mes clave nas relacións entre a Igrexa e o franquismo. Nese período as forzas sublevadas fusilan a un total de 17 sacerdotes (1 en Galicia e 16 no Pais Vasco). O primeiro paseo realízase o 3 de outubro en Barallobre (Fene) e o último o 28 do mesmo mes en Elgoibar.A xerarquia eclesiastica protesta e Franco comprométese a suprimir os fusilamentos de curas que se opoñían ao golpe de estado, defendían o réxime legalmente estab

O primeiro cura fusilado

Don Andrés Ares Díaz, de 45 anos, era natural de Corbelle en Vilalba (Lugo). Segundo consta no Rexistro civil de Fene (A Coruña), morreu en Barallobre o 3 de outubro de 1936 ás 23 horas, a consecuencia das “feridas que recibiu por arma de fogo, ao pretender fugarse, cando pola forza da orde era conducido a practicar unha dilixéncia”. Era párroco do Val de Xestoso en Monfero (A Coruña) dende 1931. Nacera no lugar de Fonte Miña en San Bartolomé de Corbelle o 17 de novembro de 1891, fillo lexítimo de Francisco Ares e Rosenda Díaz. Ordenouse subdiácono en 1920 e foi noemado capelán de Santa María de Xerdíz (Ourol) en 1921. Exerce como párroco de San Isidoro do Monte (Xove) en 1923 e en 1931 desprázase para facerse cargo da igrexa de San Pedro do Val de Xestoso en Monfero. Residía na propria igrexa, habilitando o seu cuarto nun piso enriba da sacristía.

Segundo fontes orais, en 1936 levaba a organización das festas e tiña no seu poder a recadación das denominadas “Peras de Xestoso”. Os falanxistas esíxenlle que aporte o diñeiro das festas para as forzas sublevadas contra a República. El négase e poucos dias despois é detido e trasladado a Fene, acusado de ofrecer os cartos dos festexos para o “Socorro Rojo”. Milicianos, falanxistas e Garda Civil deciden matalo e levanno a diante da casa reitoral de Barallobre, co obxectivo de amedrentar tamén ao seu cura párroco, sospeitoso de colaborar cos republicanos. Don Andrés sobe ao primeiro piso da casa reitoral e pídelle confesión a Don Antonio Casas. Entrégalle 200 pesetas e 1 reloxio. Axiña os milicianos fusilanno contra o arribón situado fronte ao cemiterio parroquial de Barallobre. Antes berran “Lo manda Suances”, aludindo ao nome do delegado de Orde Pública en Ferrol e un dos dirixentes do movemento golpista Victoriano Suances. O seu corpo queda depositado nunha tumba sen lápida a poucos metros de onde caeu morto. Dende 1996, unha lápida –sufragada por cuestación popular e coa axuda dos concellos de Fene, Monfero e Vilalba- identifica o lugar onde repousan os seus restos.

Protestas da igrexa

O cardenal Gomá recibiu unha nota o 26 de outubro do presidente da Xunta de Acción Católica de San Sebastián, queixandose do asesinato de sacerdotes vascos por parte das tropas golpistas. Reuniuse con Franco e o 8 de novembro envia unha nota á Santa Sede na que indicaba que o ocurrido se producira “por abuso de autoridade por parte dalgún subalterno”. Trasladaba tamén ao Papa a promesa de Franco de que “non ocurrirá fusilamento algún de sacerdotes, sen que se observen xuntamente coas leis militares as disposicións da Igrexa”.
O embaixador de Estados Unidos en España durante a guerra civil, Claude Bowers, denunciounos no seu libro Misión en España, 1933-1939, que sinalaba que "esta lealdade dos católicos vascos á democracia puña nun apreto aos propagandistas que insistían en que os mouros e os nazis estaban a loitar para salvar á relixión cristiá do comunismo".

Cultura