ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Franco non era cazador, era un gatillero, afirma o locutor de radio Cándido Barral. Nunha ocasión mataron dez mil perdices e iso non é caza, é unha masacre, afirma Barral. Como dixo o irmán do Marqués de Villaverde, as cacerías de Franco parecían manobras militares, mobilizando a máis de duascentas persoas.
Cándido Barral publica o libro “El disparo”, relatando como pasou el a xornada do 20 de novembro de 1975, o dia no que morreu o ditador Franco. Como telón de fondo, a canción “Se va el caimán”. O volume é unha reflexión sobre o franquismo, a transición e os momentos actuais da vida política. Unha narración con personaxes reais e simbólicos. "cazadores de Galicia queren aos cans" afirma o locutor de radio. Recóllese en “El disparo”, unha anécdota que lle ocorreu ao autor na cafetería Torre Esmeralda dos Catro Camiños da Coruña. A primeira hora da mañá confraternizaban alí os cazadores co máis variado ambiente portuario da cidade.
Imaxe de Cándido Barral en Radio Fene
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora