Frei José de Vaquedano e o seu tempo

Frei José de Vaquedano e o seu tempo

25 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

No presente ano cúmprese o terceiro centenario do falecemento dun dos grandes compositores do barroco español, Frei José de Vaquedano, mestre de capela que foi da catedral de Santiago entre 1680 e 1710. Para conmemorar a efeméride, o Museo do Pobo Galego e a Universidade de Santiago, coa colaboración do Consorcio de Santiago e a Axencia Galega de Industrias culturais (AGADIC), veñen celebrando un ciclo académico e musical que, ademais de contribuír ao

Mañá, ás 18h00, celebraranse dúas novas conferencias. En primeiro lugar, Xosé Luís Barreiro Rivas, profesor de Ciencia política da USC, falará do esplendor xacobeo na segunda metade do século XVII. A obra de Vaquedano enmárcase nunha época na que, como consecuencia da recepción en España do Concilio de Trento, as peregrinacións a Santiago viven un período de recuperación e esplendor. Paradoxalmente, este esplendor cultural, relixioso, artístico e económico coincide co final da dinastía dos Austrias e a crise definitiva de España como potencia mundial e europea.

Andrés Rosende Valdés, tamén profesor de USC na especialidade de Arte, referirase logo á Compostela que coñeceu Vaquedano. Desde mediados do século XVII e durante o XVIII, Compostela vai experimentar unha serie de intervencións, algunhas de tal envergadura que acabaron definindo o perfil da cidade, a súa esencia, a súa historia e significado. Na Compostela que coñeceu Vaquedano púxose en marcha ese proceso de transformación que, iniciándose na catedral, desbordará cara ao seu contorno e arrastrará o resto da arquitectura institucional e palaciana.

Cultura