A frescura de Som do Galpom nas festas de Ferrol

A frescura de Som do Galpom nas festas de Ferrol

27 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Banda Ferrolá de Música actuará este sábado na praza do Himno Galego en Esteiro a partir da unha do mediodía, dentro do programa “A banda nos barrios”. Na nova tempada fai un énfase especial sobre  autores da nosa terra, e tamén sobre compositores clásicos. Así, o sábado a banda interpretará pezas de Soutullo, Baudot e Sorozabal entre outros. A edil de Cultura Mercedes Cabajales, agradeceu a Asociació

Mañá venres tócalle o turno a Som do Galpom. Innovación e orixinalidade son os dous dos adxetivos que mellor definen a este gruo galego. Un grupo de música que conxuga dun xeito maxistral tres estilos diferentes: o funky, o reggae e o rap. Todo isto con certos tientes folk.

 O grupo naceu no ano 2005 e conta con 5 compoñentes que decidiron cantar en galego por ser “consecuentes coas súas raíces”. Os cidadáns e cidadás poderán escoitar esta perfecta mistura de estilos musicais en Ferrol mañá venres, a partir das 22.30 horas, na praza de Armas. Así o anunciou a edil de área, Beatriz Sestayo, quen lembraba que as rúas da cidade se encherán ás 8 do serán co humor de Pista Catro.

Sociedade