A frescura multicultural e cosmopolita de Scandal no Forum Célticum do Burgo

A frescura multicultural e cosmopolita de Scandal no Forum Célticum do Burgo

17 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Foro Célticum de O Burgo na Coruña acolle  esta noite ás once un concerto gratuíto de Scandal. A banda presenta o seu último disco "Time for Heroes", recén saído da factoría Sterling Sound de Nova York da man de Steve Fallote. Scandal representa unha nova Galicia que inunda coa súa cultura a outros países e ao mesmo tempo bebe de fontes internacionais. Un producto galego actual e fresco cun toque multicultura

O proxecto Scandal nace en decembro de 2001. Luis Quintana (guitarra) e Sandra Candal (voz), tras as súas respectivas experiencias noutras bandas, decidiron xuntarse e gravar 9 temas que darán lugar ao seu primeiro LP "Famous after death". O disco tivo unha boa acollida de público e en poucas semanas vendéronse algo máis de 200 copias.

Nese momento xurde a inquedanza de convertir a Scandal nun grupo estable. O guitarrista David Pazos foi a primeira incorporación, quen grazas ás súas influenzas, matices e reforzada o son da formación a base de talento. O grupo xirou ao longo dos anos seguintes por todo o territorio galego en formato acústico, así como na súa contundente formación eléctrica

Das diversas influenzas dos compoñentes acadáse unha fusión espontánea de música que, en directo combina sutileza con potencia. A solidez da formación rítmica mesturáse cos guitarras ea voz desgarradas e doce da lead para dar lugar ao que é Scandal. Un pop-rock cheo de enerxía e de matices, aderezado coa dozura da variedade idiomática que permiten, dende Galicia, viaxar polo mundo sen moverse dos altofalantes.

Sociedade