ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A chuvia intermitente obrigou a sacar os paraugas na cabalgata de Reis de Fene. Os Magos percorreron nas súas carrozas a avenida Marqués de Figueroa e Naturais de Fene para rematar cunha recepción na Praza Ramón Souto. Todo finalizou co chocolate servido pola Asociación Os Tadetas e a Veciñal de Magalofes.

O frio intenso traerá nesta xornada de martes neve a partir dos 400 metros de altitude. Na comarca un total de 15 cabalgatas percorreron as rúas desde Mañón a Cabanas. En Ferrol, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron en lancha ao peirao de Curuxeiras. Logo percorreron a estrada de Castela desde a rúa Venezuela en Ultramar ata a Praza de Armas. Non participou na cabalgata de Ferrol o camión de Bombeiros que sempre levaba a moitos pequenos e pequenas. O vehículo non participou por falla de efectivos, xa que se cubría con persoal en horas extraordinarias, quenda eliminada como medida de protesta pola falta de díalogo do alcalde en canto á Relación de Postos de Traballo. "Levamos un mes esperando que o alcalde nos reciba" indicaron desde os bombeiros.
"Ferrol é grande" indicou o rei Baltasar desde o balcón da Praza de Armas. A cabalgata percorreu un tramo na rúa Pontevedra en silencio e sen sinais luminosas, co obxectivo de que puideran gozar nenos e nenas con Trastorno do Espectro Autista, aos que afectan especialmente os altos niveis de son.
Imaxe da Cabalgata de Reis de Fene 2026
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora