ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“O esforzo tivo a súa recompensa”. Maniños 2-1 Sporting Burgo. Partido da Segunda Galicia do fútbol feminino que analizamos coa adestradora Noelia Leiras.
“Vénnos xenial, anima un montón para acabar ben o ano, o equipo estaba un pouco baixo”. Unha vitoria que vale tres puntos e supón, tamén, unha inxección de moral coa que pasar páxina ao pesimismo das últimas semanas nas que se sucederon lesións e malos resultados. Dous goles de Lucía Calvo, marcados na primeira metade, déronlle a vitoria ao Maniños que recuperou contra o Sporting Burgo a Laura Montero, que “vindo dunha lesión estivo ao 100%, fixo un partidazo e xogou os noventa minutos”, destaca Noelia Leiras.
Publica o teu comentario agora