A fronda dos cervos, próximo disco de Doa

A fronda dos cervos, próximo disco de Doa

28 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A fronda dos cervos”. Chámase así o disco que o grupo Doa espera sacar ao mercado a comezos de marzo. E un traballo con moita zanfona, indica o músico Óscar Fernández, colaborador neste disco da histórica formación.

En 1979 Doa publicou o seu primeiro disco O son da estrela escura. Despois sacou ao mercado Polaridade (1984) Perfiles (1986) e Arboretum (2002). Xa van para nove anos e a Óscar Fernández, fíxolle moita ilusión que o chamaran para colaborar nun traballo de Doa, un grupo mítico dentro do panorama musical galego.

Cultura