A frota do cerco continua amarrada

A frota do cerco continua amarrada

26 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A frota do cerco de Galicia segue amarrada esta semana. Os mariñeiros continuan tamén coa súa acampada diante dos edificios da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Non lles enche a proposta gubernamental de cambiar a cota de xarda pola de xurelo.

A frota agrupada na Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) decidiu nunha asemblea celebrada en Portosín (A Coruña) aceptar a proposta do Goberno de intercambiar cota de xarda por xurelo pero non coa finalidade de volver á actividade, como propuña o Ministerio de Agricultura, senón para afrontar parte da sobrepesca realizada este ano no xurelo, do que xa consumiron o 28% da cota do ano próximo na zona VIIIc (de Fisterra ao golfo de Biscaia) e o 17% na IXa (de Fisterra ao golfo de Cádiz).

O secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, propuxo aos responsables de Acerga o intercambio de 500 toneladas de xarda por outras 500 de xurelo coa finalidade de reabrir a pesqueira desta especie para que a frota galega levante o amarre iniciado o pasado luns, volva faenar e concluia as súas protestas, como a acampada de mariñeiros ante o edificio administrativo da Xunta en Santiago. Os cerqueiros galegos aceptan, só en parte, a proposta do Executivo central. Acerga pide o trueque das 600 toneladas de cota de xarda que quedan por pescar este ano por outras 600 de xurelo e que esta cota se destine "a descontar a sobrepesca realizada nas zonas IXa e VIIIc no que vai de ano".

Sociedade