ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A tipografía animada protagoniza a nova mostra da Fundación Barrié. Type in Motion, unha proposta do Museum für Gestaltung Zürich que chega por vez primeira a España, amosa como, debido á dixitalización da vida cotiá, estamos rodeados de textos en movemento: no ordenador, na televisión, nas fachadas dos edificios... O obxectivo da exposición é ensinar como, para facernos chegar as mensaxes a través de tan diverso
Type in Motion, que se pode visitar en Vigo ata abril de 2012, está composta por case 120 obras de máis de 80 deseñadores. Inclúense nela vídeos musicais, secuencias de títulos de longametraxes, instalacións interactivas de tres dimensións, anuncios, curtametraxes, fachadas multimedias, logotipos, gráficos animados para televisión e radio, postais dixitais.... A través de todos estes materiais preténdese amosar as tendencias máis destacadas no eido do texto en movemento.
A Fundación Barrié deseñou un programa educativo paralelo á exposición que inclúe campamentos de Nadal, obradoiros, visitas guiadas e un workshop profesional. Todas estas actividades son de balde.