A Fusquenlla abre a programación de Onda ODS

A Fusquenlla abre a programación de Onda ODS
19 de Setembro, 2022 - 11:56 h. | Publicada por Radio Fene

As demandas sociais do rural poden converterse nunha realidade. Hoxe estreamos Onda ODS cun innovador proxecto promovido polos concellos coruñeses de Moeche, San Sadurniño, Cerdido e Valdoviño que nace co obxectivo de que os produtores locais poidan procesar os seus excedentes e darlles unha segunda oportunidade tanto no mercado como para o autoconsumo. 

ESCOITA O PODCAST:

Este espazo de traballo colaborativo no que as froitas e hortalizas son transformadas chámase A Fusquenlla. A Fusquenlla é unha iniciativa moi necesaria para o aproveitamento de todos aqueles produtos de tempada que tan complicado resulta manter. Para poder utilizar as instalacións da Fusquenlla precísase formación que xa se está a impartir deste este verán. O centro atende á demanda de toda a xente interesada non só dos catro  concellos promotores. Tódalas froitas e hortalizas teñen cabida e poden gozar dunha segunda oportunidade na Fusquenlla. O límite é a propia imaxinación das persoas.

Sociedade

Publica o teu comentario agora