Fuxiron á lúa

Fuxiron á lúa
24 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

“Dinos na lúa”. Inés Bravo Rodríguez gañou con esta historieta o Primeiro Premio da categoría infantil no IV Concurso de Banda Deseñada de Humor Demo Pequeno convocado polo Museo do Humor Xaquín Marín e Demo Editorial.

 

ESCOITA O PODCAST:

Recoñece Inés que lle preocupa un pouco o cambio climático pero ela é optimista. Cre que se nos esmeramos estamos a tempo de reverter a situación. Inés Bravo, de oito anos, veciña de Ferrol gañou o Concurso Banda Deseñada Demo Pequeno na categoría infantil coa obra “Dinos na lúa”. O xurado valorou o enfoque da historia, abordando o    cambio climático desde unha perspectiva doméstica e familiar (levando o    cotián a outro mundo que segue a ser o noso). Tamén salientou a    composición e a linguaxe das viñetas. Recibirá o seu premio o vindeiro 29 de xuño, ás 17 horas, no Museo do Humor Xaquín Marín.

Cultura

Publica o teu comentario agora