Gañadores do concurso 'Curuxa do Humor'

Gañadores do concurso 'Curuxa do Humor'
05 de Xullo, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de reunirse nas instalacións do Museo de Humor de Fene, o xurado do XXVI Concurso de Humor Gráfico 'Curuxa do Humor' deu a coñecer os nomes dos gañadores do certame na súa edición 2022.

 

Na categoría Curuxa Nova para menores de 25 anos o primeiro premio dotado con 1.000 euros e diploma foi para Pedro Bouza Bernárdez polo seu traballo "Amor en tempos de inflación" e o lema "Mr. Copic". O segundo premio recaeu en Andrés Chinchilla Argibay coa súa obra "Gamers" e o lema "Chanchullos". O xurado tamén acordou nomear finalistas na categoría Curuxa Nova, con diploma pero sen dotación económica, aos traballos presentados por Lucía Rodríguez Cid, co título “Neoneolítico”, e Luciano Ripio Molina, co título “A neo caverna de Platón”. Polo que se refire á categoría Curuxa, que inclúe aos maiores de 25 anos, o gañador foi o traballo presentado co lema “El viajero” e o título “Héroe” do debuxante Ricardo Olivera Almozara. O segundo premio correspondeulle ao traballo presentado co lema “Pirumichi” e o título “Corrente de altura”, do que é autor Manuel Alejandro Vázquez Búa. O xurado formado polo alcalde de Fene, Juventino Trigo, polo concelleiro de Cultura, Justo Martínez, polos debuxantes Xaquín Marín, Alexandre Marín e Alexandre Sequeiros Camiña e a coa coordenadora do Museo do Humor, Almudena Marcos acordou tamén nomear finalistas na categoría Curuxa aos traballos presentados por Omar Alberto Figueroa Turcios, sen título, e Beatriz Rodríguez Gregores, co título “Terra de nada” e pseudónimo “Gregorín”.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora