ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Fene saúda unha nova estrela que comeza brillar no firmamento artístico. Gael Ares, o neno de 11 anos que gañou o concurso Quero Cantar convocado pola Deputación da Coruña na categoría infantil.Triunfou coa súa composición “Bule Bule”, inspirada no cualificativo que lle adica a el súa nai, que escoitamos en Radio Fene.
Un día feliz, que non esquecerá. Así viviu Gael Ares a gala final do concurso Quero Cantar celebrada o domingo no Teatro Colón da Coruña. Gael é moi novo pero leva moito tempo experimentando na música. Di que dende cativo os seus xoguetes preferidos eran os instrumentos musicais. Desde os cinco anos toca percusión tradicional e a gaita. Asiste a clase con Dani Bellón e aos oito anos comezou estudar no Conservatorio de Ferrol, onde agarda rematar este curso o grao elemental de contrabaixo.
Publica o teu comentario agora