Gañoulle o concurso a Asorei

Gañoulle o concurso a Asorei
21 de Xuño, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Tui

Gañoulle a Asorei un concurso para a estatua a Rosendo Salvado en Tui. Un libro escrito por Manrique Fernández cataloga a obra de Alfonso Quinteiro, incluíndo 29 esculturas, 36 bustos, 6 relevos, 25 debuxos e 18 pinturas. En 2007 realizoulle un retrato a Roxelio Groba e o músico quedou abraiado da obra.

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Carlos Sardiña

A vida artística de Alfonso Quinteiro sería moi distinta e aínda moito máis frutífera se non tivese que conciliala coa súa vida familiar. Máis dunha vez estivo a punto de dar clase en Madrid. Pero ao remate sempre quedou en Ponteareas, atendendo ás súas moitas obrigacións familiares, primeiro ocupándose do coidado dos seus proxenitores e dalgunhas das súas irmás e despois da súa numerosa descendencia, sete fillos e seis fillas... Semella que durante tres décadas, as do 60, 70 e 80, a Quinteiro resultoulle moi difícil, por non dicir imposible, conciliar vida artística con vida laboral e familiar.

Antonio Tizón e Henrique Sanfiz con Manrique Fernández en Radio Redondela
Fotografía Carlos Sardiña
 

Cultura

Publica o teu comentario agora