ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un neno de Fene Gael Ares, de 11 anos, é un dos finalistas do concurso Quero Cantar que convoca a Deputación da Coruña. Foi seleccionado na categoría infantil por un xurado formado polas Tanxugueiras, Hugo Guezeta e José Carballido.
Gael Ares é moi novo pero xa ten unha gran formación musical e non ten dificultade para compatibilizar os estudos musicais co colexio. Dende cativo os seus xoguetes preferidos foron os instrumentos musicais, segundo el mesmo sinala. Súa nai di del que é un Bule-Bule e por iso lle deu ese título á peza que defende no certame.
Gael é un dos tres finalistas da categoría infantil que competirá na gala do certame prevista para este domingo, ás seis da tarde, no Teatro Colón da Coruña, coa presentación de Sole Felloza. A asistencia á gala é de balde. So hai que reservar entrada na web ataquilla.com.
Publica o teu comentario agora