Gaita e pandeireta en Breamo

Gaita e pandeireta en Breamo
30 de Setembro, 2024 - 10:06 h. | Publicada por Radio Fene

A gaita e a pandeireta pechou a festa en Breamo, lugar ao que se refire Manuel Murguía nun artigo de prensa. Numerosos cidadáns participaron na romaría na xornada de onte domingo. Breamo abre o calendario festivo de Pontedeume,  o oito de maio e o pecha o vintenove de setembro. 

Romaría de Breamo. Pontedeume. Setembro de 2024

Segundo o investigador Diego Rodríguez, Manuel Murguía e Rosalía de Castro estarían na contorna da vila eumesa en 1864. Nese tempo Rosalía participaría na festa do Seixo o que lle serviu de inspiración para o poema “Se a vernos Marica”. Murguía recrea a recuperación do folclore, o contacto con antigos cantares nunha casa cun muíño e patín en Breamo. "Non hai outro Breamo en Galicia", conclúe Diego Rodríguez nun artigo publicado na revista Follas Novas. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora