Gala de nadal de Paso a paso

Gala de nadal de Paso a paso
22 de Decembro, 2022 - 08:00 h. | Publicada por Radio Fene

A escola Paso a paso organiza mañá a súa gala de Nadal. Duascentas cincuenta participantes integrarán o espectáculo que comezará ás sete da tarde no Pazo da Cultura de Narón. Nenos e nenas de tres a doce anos e un grupo de persoas adultas escenificarán coreografías de baile moderno, contemporáneo, hip hop e danza urbana. A escola Paso a paso espera máis nenos para escapar dos estereotipos que identifican a danza coas rapazas.

ESCOITA O PODCAST:
Pau e Patry Maceiras en Radio Fene

Pau e Patry Maceiras son a directora e coordinadora da escola de baile Paso a paso. Tati Diaz e Elvira Gomez tamén son monitoras na escola. Lucía Camba e Manuel Viso conducirán a gala. Mañá venres ás sete da tarde no Pazo da Cultura de Narón. Xa non hai entradas.
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora