Gala do Deporte

Grandes deportistas
27 de Novembro, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fene tributará o sábado, día 29 de novembro, un recoñecemento ás persoas que  sobresaíron a pasada tempada na práctica deportiva. Este ano son maioría as mulleres. A concelleira de Deportes, Alba Garcia convida a toda a cidadanía a sumarse á homenaxe e e destaca a presenza da muller no deporte en Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Estamos tremendamente orgullosas das nosas deportistas e queremos poñer en valor o traballo que fan”, manifestou en Radio Fene a concelleira de Deportes. Nesta V Gala do Deporte de Fene haberá recoñecementos para 117 persoas, de dezanove disciplinas, seis clubs e tamén se entregarán dúas mencións especiais. Máis da metade son mulleres, 66, son maioría, “é unha absoluta honra que, por fin, as mulleres ocupemos eses espazos”, resaltou Alba Garcia.

O acceso á festa do deporte de Fene é libre. Sábado, día 29 de novembro, oito da tarde, no Pavillón da Xunqueira, en San Valentín, o Concello organiza a V Gala do Deporte.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora