Gala musical e maratón de lectura para celebrar o 8 de marzo

Gala musical e maratón de lectura para celebrar o 8 de marzo

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha gala musical no Jofre con Lucía Aldao e Faltriqueira centrará os actos do Dia da muller en Ferrol, mentras que Fene convoca o IX Maratón de lectura "Fene lendo a mulleres" na biblioteca municipal. A MMM convoca manifestación o domingo 8 de marzo con saída da Praza Amada García de Ferrol.

Antía Diaz Castro,unha xove fenesa, universitaria,  afeccionada á escritura e gañadora do premio do IES Fene do ano pasado sobre a violencia de xénero, é a autora do Manifesto do 8 de marzo do cocnello de Fene este ano. 
 
A novena edición do maratón de lectura  “Fene lendo mulleres” centrará os actos na biblioteca municipal o venres 6 de marzo dende as 9 da mañán. Empezará coa lectura do manifesto a cargo da autora, e coa intervención da concelleira de muller, Rita Couto, e seguirá coas lecturas dos escolares feneses de todos os centros, tanto nenas como nenos. Radiofusión retransmitirá a maratón. Pola tarde leerá xente adulta.

A programación do Dia da Muller complétase con outros actos, o venres 27 de marzo unha conferencia da escritora e feminista Mª Xosé Queizán, autora de numerosos libros. Falará sobre “O traballo ten xénero” Ese mesmo día presentaráse no concello de Fene o I Plan de Igualdade  (2005-2008)  no que se estudan as políticas de igualdade no Concello en todalas áreas do traballo municipal.

 O concello de Ferrol organiza unha gala que se celebrará no Teatro Jofre o propio domingo 8 de marzo con motivo do Día da Mulelr. Na casa da muller pódense recoller as invitacións  á gala que comezará ás sete da tarde. O acto contará coa poeta e cantante Lucía Aldao e o grupo Faltriqueira. Tamén no Jofre se presenta o espectáculo “Celebrando a vida...” a cargo das asociacións de Mulleres Rurais de Esmelle, A asociación de Mulleres Amistad de Santa Mariña e unha ampla representación de mulleres que participan nos obradoiros de actividades da casa da muller.A concelleira Beatriz Sestayo anunciou a creación dun galardón que se pon en marcha coa finalidade de poñer en valor o papel da muller na sociedade. Os actos continuarán o luns 9 cunha mesa redonda con propostas de troco feitas por mulleres a cargo de Auri Vázquez de Comisións Obreiras, Flor López da CIG, de María Palacios de UXT e de Loli Allegue da USO.Os actos do día da muller complétanse cunha cea o venres 13 no restaurante da Malata. O custe do menú é de 15 euros e a inscripción pódese facer na casa da muller de Ferrol antes do luns 9.
A data do 8 de marzo tamén sae á rua. O domingo sairá a manifestación da Marcha Mundial das Mulleres dende a praza Amada García, ás doce e media da mañán. No Cantón de Molíns lerase o manifesto deste ano 2009.
 

Sociedade