ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O castelán gáñalle por goleada ao galego na Universidade de Santiago de Compostela. A lingua veicular nas clases non coincide co idioma propio da USC, segundo a analise das planificacións docentes realizada en XesCampus. O estudio detívose en medio millón de horas de clase impartidas e planificadas no presente curso 2013-2014.
No que se refire ao uso dos idiomas na docencia da USC neste curso 2013-2014, sen dúbida o dato máis salientable é que o castelán é a lingua en que se imparten o 73,94% das horas de clase. O galego vehicula o 22,98% e o inglés o 1,59%. Francés, portugués, italiano, alemán repártense o restante 1,12% das horas docentes.
Os usos lingüísticos docentes son, logo, extraordinariamente resistentes ao cambio, e nin o galego, lingua propia da USC, nin outros idiomas con maior prestixio e proxección, como o inglés, beneficiado por un discurso case unánime sobre a súa utilidade e necesidade no ámbito universitario, se ven amparados na práctica docente.
Tales datos despréndense da información sobre as planificacións docentes consignada polos departamentos en XesCampus, a aplicación de xestión académica da USC, e refírense a un total de 461.670 horas de clase (338.956 horas en graos, 75.820 horas en titulacións de 1º-2º ciclo, 46.894 horas en mestrados), correspondentes a toda a docencia impartida na USC no actual curso 2013-2014. Dadas as magnitudes dos números, os erros ou inexactitudes que poidan cometerse que poidan conter non teñen practicamente incidencia, e, en todo caso, as cifras deben entenderse como o escaparate das tendencias lingüísticas docentes.
http://www.ir.gl/a8221