ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Miles Davis e o fandango. O flamenco é unha expresión artística sublime e chea de paixón. Desde Galicia, Marcos Teira presenta unha proposta singular e pasa temas de jazz polo filtro do flamenco. “NÓs” é o traballo máis colectivo de Marcos Teira “para reivindicar a nosa maneira de ser galegos e flamencos”.
O novo disco presentouse neste ano 2019. “A música de todo o mundo está nas casas de todo o mundo e cada quen pode facer o que sinte” afirma Teira. Participan tamén en "NÓs" Alfonso Calvo (contrabaixo) Moisés Fernández (caixón), Isaías Salazar (baile) e o pianista cubano Alejandro Vargas. O nome do disco alude ao traballo colectivo pero tamén ao significado en galego de nó, de lazos, de unión e fusión de músicas. Aspiran a aportar algo novo coa idea de adaptar músicas partindo da linguaxe da guitarra flamenca.
Publica o teu comentario agora