Galego, preparado para continuar

Galego, preparado para continuar

18 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Un heroe local" "Un alcalde que recibe a todos" foron alguns dos piropos políticos que recibíu Gumersindo Galego, candidato de novo á alcaldía de Fene co PP. "Un partido unido" segundo proclamou na Sociedade Agarimo de Sillobre o presidente, Alberto Núñez Feijoo, que hai catro anos tamén arroupou a Galego no mesmo escenario. Unhas 300 persoas asistiron ao que foi o primeiro acto preelectoral de Fene. Todos os alcaldes da v

   A edil e candidata do PP de Fene, Rocío Bértoa, abríu o acto de Sillobre cunha lembranza a todos os afiliados e afiliadas do PP que no transcurso de máis de 30 anos traballaron neste concello, pero incidíu na personalidade do candidato afirmando que "Non esconde nada, é humilde, moi intelixente. É como o vedes". E acabou calificándoo como un heroi local.   

O presidente da Deputación Diego Calvo afirmou na súa intervención que, estando en minoría, o goberno de Gumersindo Galego fixo un traballo que culaificou de "impresionante" e púxolle cifras asegurando que hai catro anos había 2,1 millóns de € na Deputación para Fene, sen executar porque o  goberno anterior foi incapaz. Sindo, recalcou Diego Calvo, investíu 4,8 millóns de €, sendo o último investimento o campo de futbol de Maniños.

    O presidente do PP, Alberto Núñez Feijoo, falou en clave galega e mesmo estatal, xustificando os tempos de vacas fracas no que lles tocou gobernar e, a pesar das dificultades, manter o edifico en pé. Refeíuse á unión do seu partido "Nós sempre nos mantemos unidos" afirmou o presidente en Sillobre. Recomendou ao candidato fenés que convenza aos seus veciños de que ten un proxecto de futuro. O que fixo, afirmou, xa lle da credibilidade pero hai que mirar para adiante. Na súa intervención, o presidente do PP insistíu en que o que obten a maioría nas urnas, ten que gobernar. "Si Sindo gaña, debe gobernar, se perde ten que irse á oposición".
    
    O candidato popular á alcaldía de Fene citou os logros pero tamén os proxectos que quedaron pendentes. Segundo Gumersindo Galego, nin uns nin outros contaron co apoio dos grupos da oposición aos que acusou de "poñer paus nas rodas".
    
    No acto de Sillobre, os populares presentaron un video protagonizado por Gumersindo Galego no que se amosan espacios públicos de Fene que cambiaron a súa faciana nestes catro anos de goberno.  
               

Sociedade