Galegos e senegaleses poñen en marcha un proxecto de desenvolvemento agrícola en África

Galegos e senegaleses poñen en marcha un proxecto de desenvolvemento agrícola en África

05 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Entre Compostela e Dakar, hai unha gran distancia, pero pódese acurtar se xuntan as vontades de galegos e senegaleses. Botou a andar a primeira iniciativa piloto de Codesenvolvemento impulsada pola Xunta e na que participan as asociacións de senegaleses reunidos en Galicia e oenegués especializadas no traballo en África. Dende aquí traballaráse para axudar ao desenvolvemento da vila senegalesa de Diama Alwaly.

Ademais dos responsables en colaboración exterior da Administración autonómica, bautizaron o proxecto a socióloga da Universidade da Coruña Iria Vázquez Silva e Abdel Fatta Seye, Presidente da Asociación Pontevedresa de Senegaleses-Dioco. El mesmo, en representación dos colectivos senegaleses radicados en Galicia, explicou a Radiofusiòn que o proxecto tentará fornecer de tecnoloxía para o desenvolvemento agrícola a unha rexión da que proceden moitos dos inmigrantes africáns que viven connosco. Os colectivos galegos supervisarán as tarefas de desenvolvemento dos cultivos ata que os habitantes desa localidade do noreste senegalés se poidan valer por si mesmos.

Sociedade