A galiña fina visitou o Marcide

A galiña fina visitou o Marcide
03 de Abril, 2024 - 01:30 h. | Publicada por Radio Fene

A Galiña Fina e Monito estiveron esta mañá na aula hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (Residencia Arquitecto Marcide). Fina é a protagonista do conto El Concierto Animal, que a súa autora Anna Fité contou ós máis pequenos da Área Sanitaria ferrolá. Este libro recibiu o premio Emili Teixidor de novelas para primeiros lectores, no ano 2021.

Con el aprenderon conceptos como o da colaboración, a solidariedade e chegar a solucións en grupo. Outra das claves foi o especial “concerto de aves sen fronteiras do CHUF”, xa que tódolos asistentes ó concerto, maiores e pequenos cantaron xuntos no marco do conto. Nesta mesma xornada, coñeceron tamén a Monito e como poñerse de acordo en algo.

Anna Fité é guionista e escritora de Literatura Infantil e Xuvenil de Sabadell, que está a facer unha xira cos seus personaxes por distintos comunidades autónomas de España, e Ferrol é a súa sétima parada. Con este contocontos a aula hospitalaria sumábase ó Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebraba onte día 2 de abril, e que conmemora o nacemento do autor danés Hans Christian Andersen.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora