Galicia é un lugar seguro

Galicia é un lugar seguro

04 de Febreiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Galicia é unha Comunidade segura, manténdose como a cuarta con menor taxa de criminalidade de España.
Asegurouno esta mañá o delegado de Goberno en Galicia na presentación do Balance de Criminalidade que comprende o global de delitos e faltas coñecidos en 2014. Os delitos e  faltas descenderon nas catro provincias galegas o pasado ano, no que a comunidade rexistrou unha taxa de criminalidade de 28,5, situándose 16,3 puntos por baixo da

A delegación do Goberno en Galicia informa de que o Ministerio do Interior publicou hoxe na súa páxina web  (www.interior.gob.es) o Balance de Criminalidade correspondente ao cuarto trimestre do ano, que comprende o global de delitos e faltas de 2014. Ofrece os datos desagregados por comunidades autónomas e provincias e inclúe os datos referidos ás capitais de provincia e cidades de máis de 50.000 habitantes. Neste balance inclúense as cifras do total das infraccións penais, delitos e faltas, coñecidas polos distintos Corpos policiais.

No  ano 2014 coñecéronse en Galicia un total de 78.302 delitos e faltas, o que supón un descenso da criminalidade na comunidade autónoma do 3,6% con respecto a 2013, cando se coñeceron 81.237. En concreto, os delitos descenderon un -5,8%, pasando 38.315 en 2013 a 36.081 en 2014. E as faltas descenderon un -1,6%, pasando de 42.922 a 42.221.

Do mesmo xeito que o ano anterior, os resultados estatísticos obxectivos sitúan a Galicia como a cuarta Comunidade Autónoma con menor taxa de criminalidade (infraccións penais coñecidas por cada 1.000 habitantes), situándose esta en 28,5, moi por baixo (-16,3 puntos) da media nacional, que é de 44,8, reducíndose esta taxa, á súa vez, nun 1,3 no conxunto de España con respecto a 2013.

Así o destacou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, na presentación dos datos correspondentes á comunidade galega, realizada esta mañá na sede da Delegación na Coruña. Un acto no que estivo acompañado polo Xefe Superior de Policía de Galicia, Eusebio Fraguas Sánchez, e polo xeneral Xefe da XV zona da Garda Civil, José Mª Feliz Cadeas.

DESCENSO NO CATRO PROVINCIAS

En 2014, a taxa de criminalidade descendeu en todas as provincias galegas con respecto a 2013, situándose en todos os casos por baixo da media nacional: na Coruña, a taxa sitúase en 28,4 (un -0,1% menos que o ano anterior); en Lugo, sitúase en 21,8 (un -0,4%); en Ourense, en 25,4 (-2,8%); e en Pontevedra, a taxa queda en 32,1 (un descenso de -1,4%).  Mantense, por tanto, a tendencia á baixa rexistrada xa en 2013 con respecto a 2012 (na Coruña e en Lugo o descenso fora entón de -1,2%; e en Ourense e Pontevedra, de -1,4%)..   

TIPOLOXÍAS DELITUOSAS

O balance de 2014 mostra que practicamente todos os indicadores experimentan un descenso. Resaltar a baixada do -8,3% da delincuencia violenta (pasando de 2.420 casos en 2013 a 2.219 en 2014). Neste apartado, redúcense os roubos con violencia ou intimidación, que descenden un -16,3 (pasando de 1.338 a 1.120).

Destaca tamén a redución dos roubos con forza, que baixaron un -9,6 (de 13.303 a 12.023) e, dentro desta tipoloxía, os roubos con forza en domicilios, que experimentaron unha baixada de -5,4 (de 4.563 a 4.317), mentres que outros roubos con forza baixan un -11,8% (de 8.740 a 7.706).

O balance tamén pon en evidencia datos de interese sobre os indicadores de criminalidade relacionados coa subtracción de vehículos a motor e o tráfico de drogas que, respectivamente, baixaron un -11,8%  e o 8,6% (de 1.435 a 1.265 no primeiro caso e de 409 a 374 no segundo).

Finalmente, os danos baixan un -7,8 (de 10.771 a 9.936), e os furtos, un -4,7 (de 24.200 a 23.054).

Unicamente apréciase un repunte na tipoloxía de homicidios e asasinatos consumados, rexistrándose en 2014 catro máis que en 2013 (pasando de 15 a 19 casos). As restantes tipoloxías víronse reducidas.

EFICACIA POLICIAL

Tal e como puxo de relevancia o delegado do Goberno, a porcentaxe de delitos esclarecidos en Galicia subiu lixeiramente en 2014, pasando do 52,5% en 2013 ao 53,2% en 2014.

Os datos sobre criminalidade atenden a uns indicadores de seguridade concretos como son o total dos delitos e faltas, homicidios dolosos e asasinatos consumados, delincuencia violenta, roubo con violencia ou intimidación, roubos con forza, roubo con forza en domicilios, subtracción de vehículos a motor, tráfico de drogas, danos e furtos. A gran maioría destes indicadores correspóndense cos que establece a Oficina Europea de Estatística (EUROSTAT). Neste sentido, Santiago Villanueva destacou finalmente que, estando a taxa galega por baixo da media de España, a taxa de criminalidade en España mantense entre as máis baixas da Unión Europea.

Sociedade