Galicia botou a persiana

Galicia botou a persiana

29 de Marzo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Galicia despertou esta mañá co seu sector industrial practicamente paralizado. En Citroen a produción parouse, ao igual que en Navantia Fene e Ferrol. Tampouco abriron as súas portas neste 29 de marzo, El Corte Inglés de Vigo ou da Coruña. Nos polígonos industriais e na administración unha maioría dos empregados secundaron a mobilización convocada polos sindicatos Tamén hai un seguemento masivo no comercio. O consumo eléctri

A Confederación Intersindical Galega valora moi positivamente o seguimento da folga xeral a primeira hora da mañá ao constatarse a paralización total da actividade industrial, do transporte público e dos servizos de recollida do lixo nas principais cidades galegas. A central nacionalista amosa a súa satisfacción polo masivo apoio obtido pola convocatoria entre a clase traballadora galega e denuncia a desmesurada actuación dos corpos policiais.

Segundo CCOO e UXT, dos 10 millóns de asalariados que poderían ter iniciado a xornada, arredor do 85% participan na folga, descontados os servizos mínimos. As centrais critican o desplegue policial, pero a folga convocada polos sindicatos contra a reforma laboral, discorre sen incidentes de relevancia.

Sociedade