Galicia débelle moito á emigración

Galicia débelle moito á emigración
01 de Novembro, 2019 - 10:00 h. | Publicada por Radio Ordes

“Galicia débelle moito á emigración” afirma Xoán López Facal, autor do libro “Olimpio Pérez, unha historia da Compostela moderna”. “A modernidade galega pasou pola ensinanza, polas escolas creadas xuntando peso a peso en Cuba e Arxentina e as remesas dos emigrantes permitiron redimir foros, afrontar desgracias e mellorar o nivel de vida en xeral”. Na canalización dos cartos da emigraci&

ESCOITA O PODCAST:

O libro publicado por Editorial Galaxia  é un estudo dos negocios e das contas da Banca Olimpio Pérez, do volume e composición da súa carteira de valores e da súa rede de relacións financeiras; unha obra que contribúe a un mellor coñecemento da nosa historia económica. Este libro tamén é unha homenaxe sentimental á cidade de Santiago de Compostela e unha aproximación á súa historia recente a través dunha importante familia de banqueiros e dunhas figuras que o tempo foi ennobrecendo. Olimpio Pérez fillo dun emprendedor de Cameros na Rioxa. Un home piadoso, familiar e moi compostelá. Mantiña relacións comerciais con Londres e con París. O autor do volume Xoan López Facal conversou con Esther Val, Carlos Neira, Andrés C.M.Riveira e Henrique Sanfiz, no club de lectura de Radio Fene Radiofusión.

Sociedade