A Galicia de Carlos Valcárcel

A Galicia de Carlos Valcárcel

17 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña inaugura hoxe, ás 13:00 horas, unha exposición fotográfica de Carlos Valcárcel. Cincuenta anos dedicado á fotografía química actualmente, na súa eterna xuventude anímica, dedícase con acerto á fotografía dixital.

A súa obra, profusamente galardoada, ten vernices de Henri Cartier Bresson e un profundo paralelismo coa obra da norteamericana Ruth Matilda Anderson. Así Valcárcel fotografou unha Galicia co mesmo espírito que Ruth Matilda e pódese considerar, sen moitas dúbidas, o continuador da súa obra baixo un punto de vista singular e propio.

A mostra fotográfica poderá verse no horario habitual de apertura do centro.           

Cultura