A Galicia de Manuel María

A Galicia de Manuel María

30 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Presentarase en Ferrol unha obra inédita de Manuel María titulada “Galicia”. Será nun acto na Fundación Caixa Galicia do Cantón no que tamén se presenta o proxecto da Casa Museo do escritor que está promovendo a Fundación que leva o seu nome. O libro “Galicia” reproduce un texto mecanografado polo autor que permanecía gardado no seu arquivo particular e que figura sen datación, aínda que da súa l

A pesar do tempo transcorrido, a obra conserva todo o seu valor e actualidade, xa que o autor se centrou fundamentalmente naqueles aspectos do país que resultan máis permanentes e, por tanto, menos suxeitos ás inevitábeis mudanzas temporais. Ao mesmo tempo, tal como o autor deixou expresado no manuscrito, incorpóranse ilustracións e gráficos que complementan a información ofrecida por el, mais con datos actuais, de modo que o libro se presenta ao público de hoxe perfectamente posto ao día no relativo á información que contén. A obra de Manuel María preséntase o martes en Ferrol.

O acto, organizado pola Sociedade Cultural Medulio, está previsto para as 20 e contará coas intervencións de Xosé R. Freixeiro, catedrático de Lingua Galega na Universidade da Coruña e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos, ademais da presenza da viúva do escritor, Saleta Goy.

Sociedade