Galicia engádese ao debate inesgotable arredor de Albert Camus

Galicia engádese ao debate inesgotable arredor de Albert Camus

03 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por

Albert Camus agradeceu a concesión do Premio Nobel de Literatura explicando como non podía vivir sen a súa arte, mais tamén quen nunca a puxo por enriba de outra cousa, porque se precisaba a súa escritura era para poder vivir en consonancia co resto de seres humanos. O artista, dixo Camus, está obrigados a comprender antes que a xulgar. Precisamente, para comprender, para achegarse ao autor de “O home rebelde”

Jorge Álvarez Yágüez é o coordinador dunha cita que pretende durante dous días retomar a personalidade e a obra de Albert Camus a través da ollada de escritores, investigadores, ensaístas e historiadores. Nela afondarase na temática abordada polo autor (a cuestión do sentido ou o sen-sentido, a acción e a decisión, a violencia, o nexo entre ética e política) pero tamén aquilo que caracterizou ao seu autor: o compromiso, o seu papel en Combat, na resistencia antinazi, a posición fronte ao comunismo e o anticomunismo, a guerra de Alxeria e a súa figura como intelectual.

Xornadas

“Máis escritor que filósofo?” Baixo este interrogante Arturo Leyte, da Universidade de Vigo, dá comezo o mércores 3 de decembro aos relatorios destas xornadas. Arrincan así unha serie de exposicións encamiñadas a abordar aspectos concretos do seu pensamento. Miguel Morey, da Universitat de Barcelona, afondará no mal en Camus; Aberto Moreiras, da Texas A&M University, falará de Camus e a pena de morte, mentres que Francisco Jarauta, da Universidade de Murcia, farao sobre a liberdade.

Na sesión do xoves, a interpetación do resentimento na obra de Albert Camus chega da man de Germán Cano, que vén da Universidad de Alcalá de Henares.

O programa deixa tamén oco para as relacións entre Sartre e Camus, sobre as que afondarán Rosa Rodríguez Magda, directora da Aula de Pensamiento da Institució Alfons el Magnànim (CECEL-CSIC), e Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega.

Camus e Galicia

O programa ten tamén a vocación de coñecer o ronsel deixado por esta figura fundamental do século XX na cultura galega. Damián Villalaín e Carlos Fernández, ensaístas e membros da Sección de Pensamento e Sociedade do CCG, fano vinculando a súa pegada a un autor concreto, como é o caso de Carlos Casares. Pola súa banda, Bietio Iglesias faino desde un punto de vista máis xeral, desde unha perspetiva ampla que abrangue a toda a literatura galega. Xesús Alonso Montero é o representante dunha época que viviu moi de preto a problemática entre Camus e Sartre, e que tomou partido no conflito entre ambos.

Cultura