Galicia homenaxea a Asfaw Yemiru polo seu traballo a prol da escolarización dos nenos etíopes

Galicia homenaxea a Asfaw Yemiru polo seu traballo a prol da escolarización dos nenos etíopes

10 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Con 9 anos o etíope Asfaw Yemiru, que vivía nas rúas de Addis Abeda nunha situación de extrema pobreza, conseguiu acceder ao sistema educativo. Con 16 abriu a súa primeira escola para que outros puideran gozar da mesma sorte. E agora, con 66, pode presumir de ter contribuído á formación de decenas de miles de rapaces do seu país. Este medio século de traballo solidario será recoñecido esta tard

Tierra de Hombres é unha organización sen ánimo de lucro centrada nos dereitos da infancia. Pon en marcha un centenar de proxectos nos países en vías de desenvolvemento, pero en Galicia é coñecida principalmente polo seu programa Viaxe cara á vida, grazas ao cal se traen aos hospitais da comunidade a nenos enfermos que non poden ser tratados nos seus países de orixe.

Coa súa gala bianual a fundación pretende recoñecer o labor das persoas e entidades que traballan a prol dos dereitos dos nenos. O gran protagonista do evento será Asfaw Yemiru, “unha persoa extraordinaria e excelente”, en palabras do delegado en Galicia da entidade, Raúl Besada, quen destacou nos micrófonos de Radiofusión o pouco dado que é o etíope a abandonar o seu traballo sobre o terreo. O evento completarase coa participación dalgúns dos persoeiros da cultura galega. O dramaturgo Lino Braxe exercerá de presentador e a gaiteira Susana Seivane sumarase ao acontecemento coa interpretación ao vivo dalgúns dos seus temas.

Sociedade