ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia é na obra de Fernando Alvarez de Sotomayor (Ferrol, 1875 - Madrid 1960), un tema obsesionante; fora dos retratos, case exclusivo, afirma o profesor chileno Pedro Zamorano no catálogo da exposición sobre o artista realizada en Ferrol en 2005. Unha gran parte da súa obra pictórica é unha exposición da vida rural e mariñeira galega,en todas as súas fases e en todos os seus aspectos, coa variedade riquísima dos seus tipos e das súas festas, das súas romarías de xolda e das súas fondas saudades.
Indica Sotomayor nas súas memorias: ”Quen poderá negarme que son galego, cando Galicia, a miña, naceu en min? Ao menos unha faceta do seu xeito de ser foi captada nas miñas obras, co maior amor. Como non hei de amala se canto mais quero no mundo, a miña muller e os meus fillos, son galegos? A miña pequena propiedade está gran parte en Galicia e nesta bendita terra xace o meu fillo primoxénito”.
Fotografía Xan Xe
A leiteiriña. Öleo/lenzo/táboa. Colección Montenegro. Antigüidades. Vigo
Sotomayor de calle Real (2005) Concello de Ferrol. Fundación Caixa Galicia
Publica o teu comentario agora